Salmón sinxelo ao forno

Calories: 313.32kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 2 toros salmón
- ½ cebola
- 1 pataca
- 1 grolo viño branco
- 3 cdas aceite de oliva virxe extra
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- Prequentar o forno a 180ºC
- Cortar a pataca en toros finos e a cebola en aneis.
- Untar con aceite de oliva virxe extra unha fonte de forno.
- Colocar enriba as patacas e a cebola. Salpementar, regar cun pouquiño de viño branco e un pouquiño máis de aceite.
- Enfornar durante 30 minutos.
- Salgar o salmón e poñelo enriba das patacas. Regalo cun pouco de aceite.
- Enfornar 10 minutos a 180 ºC
Nutrición
Calorías: 313.32kcal | Carbohidratos: 22.79g | Proteínas: 2.78g | Graxa: 21.23g | Graxa saturada: 2.96g | Colesterol: 0.55mg | Sodio: 1173.16mg | Potasio: 533.78mg | Fibra: 3.07g | Azucre: 2.36g | Vitamina A: 8.55IU | Vitamina C: 23.02mg | Calcio: 27.96mg | Ferro: 1.22mg
