Costela de porco adobada ao forno

Calories: 670.17kcal
Servings 3 persoas
Ingredientes
- 1000 g costela de porco
- 4 cdiñas pemento doce
- 1 cdiña pemento picante
- 3 dente allo triturados
- 2 groliños viño branco
- 1 cdiña ourego
- sal
Instrucións paso a paso
- Prepare o adobo mesturando 4 culleradiña de pemento doce, 1 culleradiña de pemento picante, 3 dentes de allo triturados, ourego ao gusto e un chisco de viño branco.
- Remexer ben para mesturar todo.
- Untar as costelas co adobo e deixar así ata o día seguinte.
- Prequentar o forno a 220ºC.
- Salgar as costelas e poñelas nunha bandexa de forno.
- Regar cun pouco de viño branco.
- Enfornar durante 50 minutos, dándolles a volta á metade da coción e regando de cando en vez co xugo.
- Logo dos 50 minutos, subir a bandexa e poñer o gratinador para tostar as costelas. Deixar 5 minutos por cada lado.
Nutrición
Calorías: 670.17kcal | Carbohidratos: 3.51g | Proteínas: 36.82g | Graxa: 55.08g | Graxa saturada: 17.65g | Graxa trans: 0.52g | Colesterol: 186.67mg | Sodio: 967.6mg | Potasio: 668.36mg | Fibra: 1.51g | Azucre: 0.5g | Vitamina A: 1653.41IU | Vitamina C: 0.98mg | Calcio: 60.09mg | Ferro: 3.16mg
