Solombo de porco asado en ola rápida

Solombo de porco asado en ola rápida

Prato: Prato principal
Cociña: Española
Keyword: carne de porco
Calorías: 505.23kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 45 minutes
Total Time: 1 hour 5 minutes
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 1 kg solombo de porco cortado en medallóns
  • 3 cebola cortada á xuliana
  • 3 dente allo pelados, enteiros
  • 3 cenoria
  • ½ l viño branco
  • puré de patacas

Instrucións paso a paso

  • Dourar a carne en aceite de oliva, dándolle a volta rapidamente para selala ben. Reservar unha vez dourada.
  • No aceite que sobra dourar a cebola. Incorporar os allos e engadir viño branco para desgraxar o fondo da pota.
  • ncorporar a carne e cubrila con máis viño branco. Engadir as cenorias.
  • Pechar a ola e, ao alcanzar a temperatura desexada, deixar cocer 12 minutos.
  • Rematada a cocción, retirar a carne, triturar a salsa e deixala reducir ata acadar a consistencia desexada.
  • Incorporar de novo a carne e as cenorias para quentalas.
  • Servir con puré de patacas.

Nutrición

Calorías: 505.23kcal | Carbohidratos: 26.99g | Proteínas: 54.19g | Graxa: 9.08g | Graxa saturada: 3.02g | Graxa trans: 0.09g | Colesterol: 162.5mg | Sodio: 189.81mg | Potasio: 1609.42mg | Fibra: 4.3g | Azucre: 9.76g | Vitamina A: 19723.6IU | Vitamina C: 20.52mg | Calcio: 81.37mg | Ferro: 3.5mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio