Tzatziki

Calories: 136.03kcal
Hai agora 30 anos, na miña única viaxe a Grecia, houbo dúas cousas, en plan gastronómico, que me encantaron: o Tzatziki e o pan de pita. Gústame máis o pan de pita, que non é coma o árabe que se abre e se pode encher. Déixoo para outra receita.
Trouxen un libro de cociña grega (téñeno en todos os idiomas habidos e por haber) e hoxe preséntovos o Tzatziki. É unha ensalada de iogur grego con cogombro, allo e vinagre. É como unha salsa pero os gregos (no meu libro de cociña grega) clasifícana como ensalada
Aquí acompaño o Tzatziki con galletas Mariñeiras que están estupendas.
Servings 5 persoas
Ingredientes
- 450 g iogur grego
- 1 cogombro
- 3 dente allo
- 2 cda vinagre
- 3 cda aceite de oliva virxe extra
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- Pelar e relar o cogombro. Escoar e reservar.
- Pelar e triturar os dentes de allo. Reservar.
- Engade o cogombro escoado e o allo triturado ao iogur. Mesturar.
- Engadir 2 culleradas de vinagre e 3 culleradas de aceite de oliva. Mesturar.
- Salpementar.
- Servir frío ou do tempo.
Nutrición
Calorías: 136.03kcal | Carbohidratos: 5.26g | Proteínas: 3.4g | Graxa: 11.39g | Graxa saturada: 3.05g | Colesterol: 11.7mg | Sodio: 42.6mg | Potasio: 196.79mg | Fibra: 0.29g | Azucre: 4.76g | Vitamina A: 118.1IU | Vitamina C: 1.92mg | Calcio: 116.08mg | Ferro: 0.19mg
