Filetes de raxo ás herbas

Calories: 299.48kcal
Filetes de lombo de porco (raxo en galego) adobados con herbas e fritos en aceite de oliva.
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 800 g raxo cortado en filetes
- 2 dente allo
- 2 folla loureiro
- 1 vaso viño branco
- tomiño ao gusto
- perexil picado, ao gusto
- ourego ao gusto
- sal de allo
- aceite de oliva para fritir
Instrucións paso a paso
- Marinar os filetes co sal de allo, o loureiro, o tomiño, o ourego e o perexil e cubrir co viño
- Deixar repousar no adobo durante polo menos unha hora
- No momento de facelos escoar ben e fritilos por amos os lados cun pouco de aceite moi quente.
- Retirar e reservar nunha fonte.
- Engadir o adobo á tixola para desglasala, deixar reducir uns momentos e botar por encima dos filetes.
- Servir inmediatamente.
Nutrición
Calorías: 299.48kcal | Carbohidratos: 1.05g | Proteínas: 44.92g | Graxa: 11.71g | Graxa saturada: 3g | Colesterol: 126mg | Sodio: 1842.67mg | Potasio: 761.69mg | Fibra: 0.45g | Azucre: 0.03g | Vitamina A: 51.08IU | Vitamina C: 0.56mg | Calcio: 28.96mg | Ferro: 1.84mg
