Bonito con tomate

Calories: 485.75kcal
Receita moi fácil de bonito con tomate. A textura da salsa depende do finamente que se troceen os tomates. A mín gústame un pouco gordiña pero que cada un o faga como máis lles guste.
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 400 g bonito en toros
- 1 cebola mediana
- 2 dente allo
- 800 g tomate troceados
- 1 chorriño viño branco
- aceite de oliva
- sal
Instrucións paso a paso
- Nunha pota co fondo cuberto de aceite, marcar o atún por amos os lados, retirar e reservar.
- No mesmo aceite dourar a cebola e o allo picado.
- A continuación, engadir os tomates pelados e cortados en cubos, sazonar. Cociñar de 20 a 30 minutos.
- Á metade do tempo engadir un chisco de viño branco.
- Finalmente engadir o bonito e cociñar 1 minuto por cada lado.
Nutrición
Calorías: 485.75kcal | Carbohidratos: 20.7g | Proteínas: 50.67g | Graxa: 17.64g | Graxa saturada: 3.6g | Colesterol: 76mg | Sodio: 1265.4mg | Potasio: 1549.31mg | Fibra: 5.42g | Azucre: 12.58g | Vitamina A: 7698.79IU | Vitamina C: 57.7mg | Calcio: 71.96mg | Ferro: 3.42mg