Arroz con verduras ao curry

Calories: 355.84kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 240 g arroz
- 50 g cebola finamente picada
- 3 allo finamente picados
- 1 cenoria finamente picada
- 5 champiñón picados
- 1 tomate relado
- 1 cdiña azucre
- sal
- curry en po
- 3 cda aceite de oliva
- 750 g auga
Instrucións paso a paso
- Nunha paelleira ou tixola grande e fonda, quentar aceite de oliva para sofritir as verduras.
- Sofritir as verduras nesta orde, deixando pasar un ou dous minutos antes de engadir a seguinte: cebola, allos tenros, cenoria, feixóns verdes e champiñóns. Deixar cociñar todo xunto durante uns minutos.
- De seguido, engadir o tomate relado, no que teremos incorporado unha chisca de azucre e a mesma cantidade de sal. Tapar e deixar que se refogue todo xunto de 3 a 5 minutos.
- Engadir o arroz e refogar ben, incorporar a auga, sal e curry ao gusto, e deixar cocer.
- Unha vez que empeza a ferver, calcular uns 17 a 20 minutos de cocción.
- Unha vez feito, deixar repousar, tapado, durante 5 minutos.
Nutrición
Calorías: 355.84kcal | Carbohidratos: 57.38g | Proteínas: 6.45g | Graxa: 11.3g | Graxa saturada: 1.61g | Sodio: 900.49mg | Potasio: 297.13mg | Fibra: 2.54g | Azucre: 3.59g | Vitamina A: 2747.28IU | Vitamina C: 8.86mg | Calcio: 57.65mg | Ferro: 1.29mg
