Empanada de bacallau con pasas

Calories: 735.59kcal
Servings 6 persoas
Ingredientes
Recheo
- 2 cebola
- 1 pemento encarnado
- 4 cda aceite de oliva virxe extra
- 300 g bacallau desalgado
- 50 g pasa sen pebidas
Masa
- 100 g aceite de oliva de facer o recheo
- 130 g auga
- 80 g viño branco
- 20 g fermento de panadaría
- 500 g fariña forte
Instrucións paso a paso
Recheo
- Cortar á xuliana as cebolas e o pemento.
- Quentar aeite de oliva virxe extra, 4 ou 5 culleradas, e sofrixir a cebola e o pemento.
- Escoar o rustrido e reservar o aceite (vai utilizarse para facer a masa).
- Escaldar o bacallau durante 1 minuto en auga e leite. Esmiuzar e retirar as espiñas.
- Picar as pasas e, xunto co bacallau, mesturar cos vexetais. Deixar repousar.
Masa
- Poñer no vaso da Thermomix 100 g do aceite de facer a zaragallada, 130 g de auga, 80 g de viño branco e 20 g de fermento.
- Programar 90 segundos, 40º C, velocidade 3.
- Logo, engadir 400 g de fariña forte e unha culleradiña de sal.
- Programar 2 minutos a velocidade espiga.
- Sacar a masa do vaso e traballar á man ata integrar 100 g máis de fariña.
- Deixar repousar, tapada, durante 1 hora.
Empanada
- Prequentar o forno a 200ºC
- Dividir a masa en dúas metades e estendelas do tamaño da fonte a utilizar.
- Poñer unha das metades na fonte e, sobre ela, o recheo.
- Tapar coa otra metade da masa. Selar os bordos e facer un buraco no centro.
- Pintar con ovo batido e enfornar durante 30 minutos (200ºC)
- Deixar arrefriar sobre unha reixa.
Nutrición
Calorías: 735.59kcal | Carbohidratos: 72.55g | Proteínas: 42.49g | Graxa: 28.77g | Graxa saturada: 4.07g | Colesterol: 76mg | Sodio: 3523.03mg | Potasio: 1006.23mg | Fibra: 3.88g | Azucre: 2.77g | Vitamina A: 693.38IU | Vitamina C: 30.24mg | Calcio: 107.4mg | Ferro: 2.67mg
