Mexillóns escabechados

Calories: 361.1kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 kg mexillón
- 3 dente allo
- 1 cda pemento doce
- aceite de oliva
- vinagre
- 3 follas loureiro
Instrucións paso a paso
- Limpar ben os mexillóns, mergullándoos en auga con sal e remexéndoos ben.
- Poñer auga a ferver nunha pota grande e engadir os mexillóns. Deixar que fervan ata que se abran as cunchas.
- Retirar das cunchas e rexeitar aqueles que non se abran.
- Meter nun recipiente, cubríndoos con aceite e engadindo vinagre en proporción de dúas partes de aceite por unha de vinagre.
- Engadir os allos fileteados, unhas follas de loureiro cortadas en anaquiños e unha cullerada de pemento doce, mesturando todo moi ben.
- Deixalos nesta salsa unhas horas antes de os servir.
Nutrición
Calorías: 361.1kcal | Carbohidratos: 6.86g | Proteínas: 15.59g | Graxa: 30.12g | Graxa saturada: 4.32g | Colesterol: 35.7mg | Sodio: 367.96mg | Potasio: 461.28mg | Fibra: 0.77g | Azucre: 0.18g | Vitamina A: 989.4IU | Vitamina C: 11.34mg | Calcio: 48.08mg | Ferro: 5.93mg