Ameixas á mariñeira

Ameixas á mariñeira

Prato: Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: marisco
Calorías: 218.67kcal

Preparación: 40 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 1 hour 10 minutes
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 1 kg ameixas
  • 4 tomate
  • ½ cebola
  • 2 dente allo
  • 1 cda fariña
  • 1 cdiña pemento doce
  • ½ copa viño branco
  • perexil picado
  • aceite de oliva

Instrucións paso a paso

  • Dourar a cebola e o allo picados en aceite de oliva.
  • Engadir unha cullerada de fariña e refogala durante 1 minuto.
  • Engadir os tomates pelados e triturados. Cociñar, cuberto, 5 minutos.
  • Engadir unha culleradiña de pemento doce (ou picante), disolvelo, e agregar o viño.
  • Deixar cocer todo durante 7-8 minutos, descuberto, para que espese, xa que as ameixas soltarán auga.
  • Engadir as ameixas e tapar a pota para facilitar a súa apertura.
  • Unha vez abertas, destapar a tarteira e cociñar uns minutos para que a salsa espese un pouco.
  • Engadir un pouco de perexil picado.

Nutrición

Calorías: 218.67kcal | Carbohidratos: 10.44g | Proteínas: 7.15g | Graxa: 14.72g | Graxa saturada: 2.06g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 11.25mg | Sodio: 235.02mg | Potasio: 374.88mg | Fibra: 2g | Azucre: 4.18g | Vitamina A: 1468.01IU | Vitamina C: 19.67mg | Calcio: 38.41mg | Ferro: 1.41mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio