Arroz con verduras ao curry

Arroz con verduras ao curry

Prato: Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: arroz, vexetais
Calorías: 355.84kcal

Preparación: 30 minutes
Tempo de cocción: 30 minutes
Total Time: 1 hour
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 240 g arroz
  • 50 g cebola finamente picada
  • 3 allo finamente picados
  • 1 cenoria finamente picada
  • 5 champiñón picados
  • 1 tomate relado
  • 1 cdiña azucre
  • sal
  • curry en po
  • 3 cda aceite de oliva
  • 750 g auga

Instrucións paso a paso

  • Nunha paelleira ou tixola grande e fonda, quentar aceite de oliva para sofritir as verduras.
  • Sofritir as verduras nesta orde, deixando pasar un ou dous minutos antes de engadir a seguinte: cebola, allos tenros, cenoria, feixóns verdes e champiñóns. Deixar cociñar todo xunto durante uns minutos.
  • De seguido, engadir o tomate relado, no que teremos incorporado unha chisca de azucre e a mesma cantidade de sal. Tapar e deixar que se refogue todo xunto de 3 a 5 minutos.
  • Engadir o arroz e refogar ben, incorporar a auga, sal e curry ao gusto, e deixar cocer.
  • Unha vez que empeza a ferver, calcular uns 17 a 20 minutos de cocción.
  • Unha vez feito, deixar repousar, tapado, durante 5 minutos.

Nutrición

Calorías: 355.84kcal | Carbohidratos: 57.38g | Proteínas: 6.45g | Graxa: 11.3g | Graxa saturada: 1.61g | Sodio: 900.49mg | Potasio: 297.13mg | Fibra: 2.54g | Azucre: 3.59g | Vitamina A: 2747.28IU | Vitamina C: 8.86mg | Calcio: 57.65mg | Ferro: 1.29mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio