Costela de porco ao forno con mel

Calories: 515.62kcal
Como preparar unha costela de porco ao forno marinada nunha salsa a base de mel
Servings 6 persoas
Ingredientes
- 1500 g costela de porco
- 2 cda mel
- 2 cda vinagre balsámico
- 1 cdiña salsa de Worcestershire
- tomiño
- ourego
- sal
- ½ vaso viño branco
Instrucións paso a paso
- Prequentar o forno a 160ºC
- Preparar un adobo co mel, o vinagre balsámico, a salsa Worcestershire, o tomiño, o ourego e unha culleradiña de sal. Remexer ben.
- Salgar un pouco a costela e pintala co adobo por ambos os dous lados.
- Colocar a costela coa parte da carne cara arriba.
- Enfornar durante 60 minutos.
- Dar volta á costela e regala con medio vaso de viño branco.
- Enfornar durante 60 minutos máis.
- Darlle de novo a volta (a parte da carne hacia arriba) e enfornar durante 20 minutos.
Nutrición
Calorías: 515.62kcal | Carbohidratos: 7.88g | Proteínas: 27.26g | Graxa: 41.04g | Graxa saturada: 13.21g | Graxa trans: 0.39g | Colesterol: 140mg | Sodio: 1316.38mg | Potasio: 457.34mg | Fibra: 0.61g | Azucre: 6.69g | Vitamina A: 40.3IU | Vitamina C: 0.52mg | Calcio: 55.82mg | Ferro: 2.85mg
