Polo guisado con pementos

Calories: 299.67kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 polo troceado
- 1 pemento encarnado troceado
- 1 pemento verde troceado
- 1 cebola mediana, picada
- 3 dente allo picado
- 500 g tomate triturado
- aceite de oliva
- 1 copa viño branco
- 1 cda sal de allo
- sal
- 1 cdiña azucre
- 1 cdiña pemento doce
- pementa
Instrucións paso a paso
- Adobar o polo con sal de allo e douralo nunha tarteira con aceite. Reservar.
- Sofrixir a cebola e o allo picado no mesmo aceite.
- Incorporar os pementos troceados.
- Cando os pementos estean brandos, engadir o tomate triturado (cun chisco de azucre e sal)
- Logo engadir o viño branco e unha culleradiña de pemento doce. Deixar cocer uns 5 minutos.
- Incorporar o polo, engadir a pementa e deixar cocer todo ata que o polo estea tenro.
Nutrición
Calorías: 299.67kcal | Carbohidratos: 13.98g | Proteínas: 8.33g | Graxa: 19.49g | Graxa saturada: 3.45g | Graxa trans: 0.03g | Colesterol: 24.84mg | Sodio: 3524.64mg | Potasio: 577.65mg | Fibra: 3.41g | Azucre: 8.04g | Vitamina A: 2378.79IU | Vitamina C: 81.84mg | Calcio: 39.86mg | Ferro: 1.35mg
