Feixóns verdes con allada

Feixóns verdes con allada

Prato: Primeiro prato
Cociña: Galega
Keyword: vexetais
Calorías: 393.3kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 20 minutes
Total Time: 40 minutes
Receita de feixóns verdes con allada. A allada é un aderezo ou salsa típico da gastronomía de Galicia. Os seus ingredientes básicos son o aceite, allos e pemento doce.
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 400 g feixón verde
  • 2 ovo cocidos
  • 2 pataca
  • ½ cebola
  • 2 cdas aceite de oliva
  • 1 cda pemento doce
  • 1 cda vinagre
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Limpar de fíos os feixóns verdes e cocer coas patacas e media cebola en abundante auga con sal.
  • Nunha tixola, preparar unha salsa con aceite de oliva e o allo en filetes.
  • Cando o allo estea dourado, retirar a tixola do lume, engadir unha culleradiña de pemento doce e o vinagre.
  • A esta preparación pódeselle engadir un pouco de caldo de cociñar os feixóns, se é do gusto do comensal. Botar esta allada sobre os feixóns e as patacas, que se acompañan cun ovo cocido.

Nutrición

Calorías: 393.3kcal | Carbohidratos: 48.4g | Proteínas: 12.68g | Graxa: 18.69g | Graxa saturada: 3.36g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 141.36mg | Sodio: 80.52mg | Potasio: 1313.16mg | Fibra: 10.83g | Azucre: 9.51g | Vitamina A: 3313.04IU | Vitamina C: 59.99mg | Calcio: 130.61mg | Ferro: 4.96mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio