Lentellas

Calories: 704.83kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 400 g lentellas pardinas
- 1 chourizo en toros ou en taquiños
- 100 g xamón serrano en taquiños
- 2 dente allo opcional
- ½ medio cebola finamente picada
- 3 cda aceite de oliva
- 1 vaso viño branco
- 1 cda vinagre (opcional)
- auga
- sal
Instrucións paso a paso
- Quentar 2 ou 3 culleradas de aceite de oliva nunha pota e dourar a cebola e os allos (os allos son opcionais) finamente picados.
- Logo engadir o chourizo e o xamón e sofrixir durante 1 ou 2 minutos.
- Engadir o viño, as lentellas e auga ata as cubrir completamente e un pouco máis xa que durante a cocción aumentará o seu volume.
- Engadir sal e un groliño de vinagre (opcional) e deixar cocer a lume lento-medio ata que as lentellas estean cocidas.
Nutrición
Calorías: 704.83kcal | Carbohidratos: 63.4g | Proteínas: 39.44g | Graxa: 27.27g | Graxa saturada: 7.53g | Colesterol: 46.44mg | Sodio: 899.25mg | Potasio: 1096.05mg | Fibra: 30.77g | Azucre: 3.19g | Vitamina A: 216.19IU | Vitamina C: 5.91mg | Calcio: 69.27mg | Ferro: 9mg
