Tortiñas con queixo

Calories: 262.13kcal
Servings 1 persoas
Ingredientes
- 1 ovo
- 4 cda fariña rasa
- 1 cda azucre rasa
- 1 cda leite
- ½ cdiña fermento
- 4 liscos queixo para fundir
Instrucións paso a paso
- Mestura ben todos os ingredientes, agás o queixo, coas variñas ou a batedora.
- Untar con aceite, o suficiente para que a masa non se pegue, unha tixola pequena.
- Botar a masa e deixar callar por un lado.
- Cando empecen a aparecer burbullas e a abirse, darlle a volta e cubrila cos liscos de queixo para fundir.
- Cando estea feita polo outro lado, o queixo xa debería estar fundido. Servir quente.
Nutrición
Calorías: 262.13kcal | Carbohidratos: 38.43g | Proteínas: 12.51g | Graxa: 6.63g | Graxa saturada: 2.53g | Graxa trans: 0.02g | Colesterol: 168.74mg | Sodio: 94.15mg | Potasio: 173.4mg | Fibra: 2.42g | Azucre: 13g | Vitamina A: 292.66IU | Vitamina C: 0.02mg | Calcio: 77.85mg | Ferro: 2.33mg
