Pastalaría – Confeitaría

Melindres

Melindres

Os melindres son, normalmente, rosquillas moi pequenas ás que se lles da brillo e lucimento (ademais de acrece-lo seu sabor doce) con xarope, no ponto xusto que o reposteiro ou panadeiro saben. E non hai máis: améndoas, fariña, leite, con ovos ou sen eles, anís ou mel (en Silleda), etc. Dos melindres de sona, non …

Melindres Read More »

Tarta de Santiago

Torta de Santiago (I.X.P.)

Da torta de Santiago, que axiña cumprirá dous séculos, se non os fixo xa (¡quén lla dera ós primeiros pelegríns!), podemos dici-lo fundamental: que leva a cantidade xusta de améndoa, que lle da ó interior esa cor marela torrada característica, e o seu sabor intenso. Despois xa se sabe: uns pensan que debería levar máis …

Torta de Santiago (I.X.P.) Read More »

Torta de Guitiriz

Torta de Guitiriz

Cáseque en todas partes, hai en Galicia especialidades locais de lambetadas, artesanais na meirande parte dos casos, e esta Torta de Guitiriz é un exemplo, como a Torta das Rías Baixas, o Queique de Ordes, a máis elaborada Lagosta de Lomba de A Guarda (que leva xa améndoa moída), os biscoitos de Samos, os Roscones …

Torta de Guitiriz Read More »

Bica

Bica

Dicir “bica” (que en castelán pode traducirse por “besa”) non é unha orde que se lle dea a un rapaz que estea a carón dunha rapaza, pero así se chama en galego unha seleita e deliciosa lambetada (inda que o rapaz prefera a primeira) e tamén outras cousas máis coma, por exemplo, un xogo de …

Bica Read More »

Tarta de Mondoñedo

Torta de Mondoñedo

Pódese dicir que a Torta de Mondoñedo ten de todo, ou pouco menos. Xa que logo, é de non doada feitura porque, asegún a altura á que estemos comendo nela, ten un sabor ou ten outro, porque ten unhas cousas ou ten outras. Coido que nesta variedade radica o seu meirande feitizo. Ademais da súa …

Torta de Mondoñedo Read More »

Tarta de Portomarín

Torta de Portomarín

A Torta de Portomarín, da provincia de Lugo, é un bó postre, e senta moi ben nunha merenda acompañada dunha chiculatada. Descoñécense as orixes, pero se sabe que xa a facían no século dezaoito. É unha torta de paladar fino que, sobor dunha base de follado nun molde que ha ir ó forno, engádese a …

Torta de Portomarín Read More »

Scroll ao inicio