Filloas con azucre

Filloas con azucre

Prato: Sobremesa
Cociña: Galega
Keyword: filloas, sobremesas
Calorías: 199.38kcal

Preparación: 5 minutes
Tempo de cocción: 2 minutes
Total Time: 7 minutes
Esta é unha forma moi sinxela para comer as filloas que me ensinou a miña sogra. Nunca antes as probara deste xeito e están moi boas.
A parte complicada da receita, por suposto, é facer as filloas. En Lareira temos dúas receitas de filloas: anís e caldo. Recomendo facer esta coas filloas de caldo, que non levan nada doce.
Persoas 2 persoas

Ingredientes

  • 6 filloas
  • 2 cda azucre
  • touciño un pouco para estender a tixola

Instrucións paso a paso

  • Empoar as filloas con azucre e enrolalas.
  • Quentar unha tixola e untala con touciño.
  • Colocar as filloas na tixola e deixar que se quenten ata que se douren por ambos os lados.

Nutrición

Calorías: 199.38kcal | Carbohidratos: 39.01g | Proteínas: 2.98g | Graxa: 2.98g | Graxa saturada: 1.49g | Colesterol: 17.89mg | Sodio: 236.97mg | Potasio: 0.24mg | Azucre: 23.91g | Calcio: 29.94mg | Ferro: 0.55mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio