Peixes frescos

Lamprea

Lamprea

A lamprea adulta é coma unha serpe grosa e viscosa, de forma anguiliforme e cunha ventosa como boca, cunha morea de dentes cos que se fixa ós animais para manterse do seu sangue. É o chamado Petromyzon marinus, con sete aberturas branquiales de cada lado. A lamprea (coma os outros ciclóstomos) pode ser fluvial ou …

Lamprea Read More »

Congrio

Congro

Non hai moito tempo (agosto do 2002) vendeuse na lonxa de Ribeira un congro de trinta quilos de peso e dous metros e dezasete centímetros de lonxitude. Dende logo daba a medida legal que é de 58 centímetros. Como nota curiosa para cando pase o tempo, deixemos constancia de que se vendeu a 4,40 euros …

Congro Read More »

Jurel

Xurelo

En Galicia O Trachurus trachurus L. , que é irmán do picturatus e do mediterraneus, ten unha grande cantidade de nomes que, ás veces, se refiren a subespecies, ou lugares de cria, ou tamaños. Por exemplo, a miudo chámanse “xurelas” ós xurelos grandes. Tamén, coma en castelán, se lle llama chicharro, pero o normal, aparte …

Xurelo Read More »

Pescado

Linguado

Coido que hai algunhas cousas que se poden dicir do “Linguado” que en Galicia, en peixes brancos, á prancha (o de ración) ou en filetes, é un dos máis sonados con todo merecemento pola exquisitez e delicadeza do seu sabor. O primeiro é informar que se trata dun peixe extraño, cun proceso biolóxico raro que, …

Linguado Read More »

Bonito do Norte

Bonito do Norte – Atún branco

O noso “bonito” (o Thunnus alalunga de Xosé Bonnaterre, sacerdote e naturalista francés) é o túnido de carne máis branca e celmosa de todos eles, e é unha das primeiras especies, en importancia, dentro da economía pesqueira galega, tendo en conta a pesca de altura ( en augas comunitarias, có atún e peixe espada, e …

Bonito do Norte – Atún branco Read More »

Trucha

Troita

Cando no verán o ceo se cobre de nubes chumbas que agoiran un treboeiro, denantes de chover as troitas tolean, e o caneiro non guinda lonxe os engades que utilice, porque os voraces peixes morden o anzó na mesma ourela onde el se atopa. Entón é cando un ten que lembra-la lei que fixa o …

Troita Read More »

Rodaballo

Rodaballo

O Rodaballo (do que exemplares ceibes quedan poucos) é un peixe de carne branca, calcado, sen escamas, romboidal ou cáseque redondo, que vive dende a superficie ata os cen ou cento cincuenta metros de profundidade, e que pode ser pequeno (de ración) ou chegar deica o metro de lonxitude e máis dunha ducia de kilos …

Rodaballo Read More »

Salmonete de roca

Salmonete da pedra

O nome científico do salmonete da pedra é Mullus surmuletus L., e convén estremalo do Mullus barbatus L. que é o salmonete de fango, aínda que vive nos fondos non só de fango senon tamén de pedras. Son coma irmáns cáseque xemelgos. Ambolosdous teñen unhas barbillas tactiles que detectan as presas, pero o da pedra …

Salmonete da pedra Read More »

Pez de San Pedro

Sanmartiño

Entre outros nomes, tamén se chama Peixe de San Martiño ou Peixe de San Pedro. Pode que a estes Santos lles gostase tanto coma a nós. Pero este peixe, que pode chegar a ter sesenta centímetros e cinco quilos de peso é, segundo algúns, tan feo ou máis que o peixe sapo. Nos non estamos …

Sanmartiño Read More »

Sardina

Sardiña

A sardiña xa morreu e fórona soterrar, vintecinco palanquíns un crego e un sancristán. Co enterro da sardiña rematan as festas do Carnaval, antes da ríxida Cuaresma. As cancións de despedida son variadas, e a posta enriba foi elexida ó chou. Hoxe non teñen xa o propósito anticlerical que tiñan noutros tempos. É un día …

Sardiña Read More »

Scroll ao inicio