Productos

Marisco

Ostra

Cientificamente a ostra chámase Ostrea edulis e, coma cáseque sempre, o seu nome en galego é semellante ó nome portugués. A súa cuncha está formada por láminas calizas. Unha valva, a inferior, é convexa, e a superior plana. Utilízanse coma un delicado manxar dende dez centímetros adiante, aínda que tamén se aproveitan as máis pequenas. …

Ostra Read More »

Nécoras

Nécora

O nome científico da nécora é Portunus puber ou Macropipus puber. O de Portunus lembra ó deus que tiña as chaves dos portos, porque a nécora atópase neles, e nas noites, sobor de todo cando ocorren as baixamares fondas do outono, pódense coller cun foco (quedan quetas coa luz), protexéndonos as mans cunhas luvas fortes …

Nécora Read More »

Pescado

Pescada

A pescada é o Merluccius merluccius (Linnaeus) aludindo á voracidade do lucio de río, e haina en todas partes da mar oceana, nunha e noutra beira do Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico, con pequenas variacións morfolóxicas entre elas. En Galicia chámase “pescada” ou “pixote” cando é adulta, “pescadilla” cando aínda non chega, e “carioca” …

Pescada Read More »

Longueirón

Longueirón

O “longueirón” é curmán da navalla (pola forma parella que ten con ela, vexan vostedes o artigo “navalla“) pero vive soterrado na area fina a unha meirande profundidade que o seu parente, ata varias decenas de metros, e soe collerse con fisgas ou angazos remolcados. A súa forma é coma a da navalla, pero o …

Longueirón Read More »

Marisco

Lagosta

Falando deste crustáceo, coma de calquera outro, ou do marisco en xeral, os nomes casteláns son, cáseque sempre, os mesmos que os galegos, ou moi parellos. Por exemplo, a lagosta. A lagosta galega, das augas limpas do Atlántico, é o palinurus vulgaris ou elephas pero, xa ora, a lagosta non se pode pedir así nun …

Lagosta Read More »

Marisco

Boi bravo

O boi bravo (Calappa granulata) é un cangrexo desemellante a todos. En Galicia é un cangrexo autóctono galego… polo de agora, ata que veña conxelado de algures. Entón, será chegada a hora de estremar entre tódalas subespecies que poida haber. Pode chegar a ter ata dezaséis centímetros de anchura de carcasa, sendo de dez centímetros …

Boi bravo Read More »

Pescado

Bocareu, bocarte

Coido que non hai ninguén que non comera algunha vez un destes peixes: ou fritidos, ou como anchoa enlatada, ou en vinagre, ou no prato enxebre que chamamos “Picaracha”, que ten o incomenente de que endexamais abonda e que constitúe un dos grandes monumentos culinarios da Humanidade. Decátense de que escribín o seu nome cun …

Bocareu, bocarte Read More »

Pescado

Xarda

A xarda (ou cabala) é o peixe azul chamado Scomber scombrus L. Polo nome, que en latín significa “escombro”, non paresce que se lle teña moito aprezo, o que é inxusto porque unhas xardas ó forno, cun pouco de limón despois, son moi saborosas e tamén, dende fai pouco tempo, limpas e escachadas se comen …

Xarda Read More »

Ollomol

Así se chama o “Pagellus bogaraveo” (Brünnich), ou “P. centradontus“, que non debemos confundir coa breca, bica ou pica “P. erythrinus” (Linneo), ou co aligote ou pancho picudo “P. acarne” (Risso). Na cousa dos nomes respeto moito como naturalistas a Linneo (xa ora) e mesmo a Risso, un francés traballador que estudiou os peixes a …

Ollomol Read More »

Vegetales

Verzas

As verzas galegas, de nome científico Brassica oleracea, non son nin repolos, nin nabizas, nin grelos. Exceptuando os enxofrados repolos, o resto das verduras citadas sonvos susceptibles de seren utilizadas no chamado “Caldo galego”. Algúns cociñeiros, nembargantes, inclúen o repolo nese grupo, pero nós, sen menosprecialo, e usalo cando no haxa outra verdura axeitada, decidimos …

Verzas Read More »

Scroll ao inicio