Productos

Nuez

Noz

Non a de Adán. Xa sabemos que as noces son o froito das nogueiras que viñeron (as trouxeron) de Persia, a carón do Himalaia, e chegaron a nós polo Mediterráneo adiante. Dende Pedrafita a Becerreá, e por toda a montaña do leste galego, a nogueira é a raíña das árbores. O castiñeiro é “totémico” a …

Noz Read More »

Bígaro - Mincha

Caramuxo

Din que os caramuxos son o marisco máis caro das costas galegas. Din esto polo seguinte: pesade un kilo de caramuxos nunha marisquería (non nunha balanza de precisión, xa ora). Despois os botades nunha pota con auga e unhas areiñas de sal. Xa cocidos, os escurrides e deixades enfriar. Para comelos colledes un alfinete co que facedes …

Caramuxo Read More »

Queso del Cebreiro

Queixo do Cebreiro (D.O.P.)

O queixo do Cebreiro ten, coma o de San Simón da Costa, unha forma ben orixinal, mesmo rara. E é que ten forma de tambor cun rebordo enriba ó longo da súa circunferencia. Tamén parece un cogumelo de talo moi groso e chapeuciño espachurrado. Pero no interior deste queixo lardento a pasta prensada é firme, …

Queixo do Cebreiro (D.O.P.) Read More »

Queixo de Arzúa-Ulloa

Queixo de Arzúa-Ulloa (D.O.P.)

Nalgures chámase “Patela” ó queixo de Arzúa-Ulloa, pero como “Queixo de Arzúa-Ulloa” desinao a Orde do Goberno galego de Outono do ano 1995 que lle concedeu a Denominación de Orixe. Este queixo, de forma lenticular ou cilíndrica, é tan característico da nosa terra que fóra dela chámanlle “queixo galego”. Ás veces, ó queixo de Tetilla …

Queixo de Arzúa-Ulloa (D.O.P.) Read More »

Mejillón de Galicia

Mexillón de Galicia (D.O.P.)

O mexillón, moi abundante en Galicia, é un bivalvo co vértice descentrado e coas dúas marxes da cuncha diferentes. Externamente é mouro, e ás veces púrpura ou marrón. A traveso das súas branquias poden pasar ata oito litros de auga por hora, retendo l as partículas procedentes de residuos de susutancias orgánicas, do fitoplancton e …

Mexillón de Galicia (D.O.P.) Read More »

Camarón

Camarón

O camarón é un crustáceo decápodo de cor lixeiramente rósea translucente, pero vergoñento coma poucos pola cor bermella que se lle pon cando o cocen. Para mín é o marisco que máis rende (ó revés das minchas), porque eles pesan pero as cascas non. Co abdomen máis longo có cefalotórax, pode chegar a ter oito …

Camarón Read More »

Filloas

Filloas

As filloas galegas, de Carnaval ou das matanzas, son coma unhas tortillas moi delgadas ata o ponto de que, nalgunhas, pode aparecer algún burato. Como ninguén coñece a súa orixe, que se perde na noite dos tempos, permítome supor que as filloas, na súa composición máis sinxela de fariña e auga, que hoxe non fai …

Filloas Read More »

Empanada de bonito

Empanada

”Saco la mía – dijo Sancho – , que yo a aquel arroyo me voy con esta empanada, donde pienso hartarme por tres días, porque he oído decir a mi señor Don Quijote que el escudero de caballero andante ha de comer cuando se le ofreciere, hasta no poder más,…” (Parte I – Cap. 50 …

Empanada Read More »

Lamprea

Lamprea

A lamprea adulta é coma unha serpe grosa e viscosa, de forma anguiliforme e cunha ventosa como boca, cunha morea de dentes cos que se fixa ós animais para manterse do seu sangue. É o chamado Petromyzon marinus, con sete aberturas branquiales de cada lado. A lamprea (coma os outros ciclóstomos) pode ser fluvial ou …

Lamprea Read More »

Scroll ao inicio